POR QUE RECICLAR?

A idea de TECNOLIFE xurdiu pola necesidade de darlle unha segunda vida ós residuos informáticos. Somos alumnado de 1º de FP Básica de Informática de Oficina e estamos a tratar continuamente con este tipo de material. Por iso, tivemos a idea de crear unha miniempresa onde poder aproveitar moito do material que co transcurso dos anos é tirado ós vertedeiros e que resulta moi contaminante. Nos tempos actuais, este tipo de residuos cada vez crece de xeito máis acelerado e dada a importancia que ten a protección ó medio ambiente, é necesario atopar ideas que reduzan este tipo de residuos, como a creación de obxetos novos con material reutilizado. Esperamos que vos guste!!!! Botade unha ollada ó traballo feito.